sábado, 24 de enero de 2026

O Día da Educación: aprender para cambiar o mundo!

 O Día da Educación é unha data moi especial. É un día para lembrar que aprender non é só estudar libros, senón tamén coñecer, pensar, compartir, respectar e soñar.

A educación axúdanos a medrar como persoas, a entender o mundo que nos rodea e a construír un futuro mellor para todos e todas.

Vos preguntaredes "que é a educación"? Ben pois...a educación está:

  • Na escola, cos mestres e mestras.

  • Na casa, coas familias.

  • Cos amigos e amigas.

  • Cando lemos, xogamos ou preguntamos “por que?”.

Aprendemos cada día, mesmo sen decatarnos!

A importancia da escola.

Na escola aprendemos matemáticas, lingua, ciencias… pero tamén algo moi importante:

  • A traballar en equipo solucionando conflictos.

  • A respectar as diferenzas entre nós, xa que non somos iguais!

  • A escoitar con atención cando falan.

  • A axudar aos demais cando o precisan e mesmo cando non.

A escola é un lugar onde todos e todas temos dereito a aprender, sexamos como sexamos.

🌍 Sabías que…? En moitos lugares do mundo hai nenos e nenas que non poden ir á escola. Por iso, o Día da Educación tamén serve para lembrar que a educación é un dereito, non un privilexio.

❤️ Para rematar.

Educar é acompañar, escoitar e confiar.
Aprender é abrir portas.
E xuntos, escola e familia, facemos posible que cada neno e nena chegue tan lonxe como queira.

👅 Deixa nos comentarios a túa opinión!

  • Que é o que máis che gusta aprender?

  • Que che gustaría aprender no futuro?

martes, 10 de junio de 2025