jueves, 12 de marzo de 2020

SEMANA DA PRENSA

Chegaron os reporteiros de sucesos...
Este curso, a proposta está relacionada co proxecto anual por iso  investigamos sobre xogos tradicionais. Cada clase escolle un xogo e nos explica que materiais se usan, como se elabora e como se utiliza...




Comezamos!!!

Nas clases xa estamos traballando e investigando moito...






domingo, 8 de marzo de 2020

8 de marzo DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

"MULLERES ILUSTRES"

Para conmemorar esta data tan importante cada clase escolleu unha muller
 ( deportista, escritora, periodista...) e elaborou un mural sobre ela explicando os datos máis relevantes....
Entre todos os traballos estamos a facen un gran mural para decorar os andares...


viernes, 21 de febrero de 2020

A FESTA DO ENTROIDO

Os disfraces deste ano están relacionados co proxecto "eu xogo, ti xogas, xogamos xuntos". Cada clase foi disfrazada dun xogo...Foi un entroido moi divertido!


viernes, 14 de febrero de 2020

BENVIDO ENTROIDO!

Chega o entroido e o MECO comeza coas ordes...
Este ano o MECO está moi xoguetón....
EU XOGO, TI XOGAS, XOGAMOS XUNTOS!




Os nenos e nenas de 2º escribimos a carta ás nosas familias contando o que precisamos para o gran día...


RECOLLEITAS

Nos últimos anos facemos no cole un concurso de "recolleitas". Na edición deste ano as familias teñen que contar a que xogaban eles cando eran pequenos...
"Eu xogo, ti xogas, xogamos xuntos..."





Estamos facendo unha exposición nos andares...

martes, 4 de febrero de 2020

TEATRO EN GALEGO

Sabela Gago, unha gran transmisora e excelente contacontos fíxonos desfrutar coma sempre cunha obra sobre a igualdade.



jueves, 30 de enero de 2020

DÍA DA PAZ


Chegou o día da paz e fixemos unha xornada de xogos no pavillón. Un gran trivial por equipos formado por todo o alumnado...