domingo, 8 de marzo de 2026

💜 8 de marzo: Día da Muller

 O 8 de marzo celebramos o Día da Muller, unha data para lembrar a importancia das mulleres na sociedade e para seguir traballando pola igualdade entre todas as persoas. 

Este día fálanos de respecto, xustiza e dos dereitos de mulleres e nenas en todo o mundo.

Durante moito tempo, as mulleres non tiveron as mesmas oportunidades ca os homes xa que non podían estudar, non podían votar e incluso o seu traballo non era recoñecido. Sen embargo, grazas ao esforzo de moitas mulleres valentes, hoxe temos máis dereitos aínda que queda camiño por percorrer.


🌟 Sabías que…?

En moitos países do mundo, as nenas non teñen as mesmas oportunidades ca os nenos para ir á escola.

O 8 de marzo tamén serve para lembrar que as mulleres poden ser científicas, deportistas, escritoras, artistas, mestras… o que queiran ser.


📢 Déixanos saber a túa opinión nos comentarios:
  • Que significa para ti a palabra igualdade?
    Que podemos facer cada día para respectarnos mellor?

lunes, 23 de febrero de 2026

O Día de Rosalía de Castro: unha voz que segue viva.

Cada 24 de febreiro celebramos en Galicia o Día de Rosalía de Castro, unha muller moi importante para a nosa historia e para a nosa lingua. 

Rosalía foi poeta, escritora e unha gran defensora do galego nun tempo no que non era doado usalo nin valoralo. Grazas a ela, hoxe podemos ler, escribir e falar galego con orgullo.

Naceu en Galicia e escribiu poemas e libros que falaban da súa terra, da saudade e sentimentos, das inxustizas neses tempos (que non eran poucas) e da vida das persoas humildes.

A súa obra máis coñecida é Cantares Gallegos, un libro moi importante para a literatura galega que coincide co Día das Letras Galegas. A que agora xa non se che olvida?

Rosalía escribiu en galego cando moita xente pensaba que esa lingua non servía para a literatura, e é máis, foi capaz de abrir un camiño que aínda seguimos hoxe.

Sabías que…?

📌 O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía porque é a data do seu nacemento.


📢 Queremos saber a túa opinión nos comentarios:
  • Que cres que sentía Rosalía cando escribía os seus poemas?

  • Por que pensas que é importante lembrar hoxe a Rosalía de Castro?


martes, 17 de febrero de 2026

O Día das Letras Galegas: a nosa lingua, a nosa identidade.

 Cada 17 de maio celebramos en Galicia unha data moi especial: o Día das Letras Galegas. É un día para festexar a nosa lingua, o galego, e lembrar ás persoas que escribiron e loitaron para que hoxe poidamos falalo con orgullo.

O galego é parte de nós: está nas nosas palabras, nas cancións, nas historias que nos contan na casa e na maneira de ver o mundo.

Por que celebramos as Letras Galegas?

Este día celébrase para coidar e valorar a lingua galega, coñecer escritores e escritoras galegas e lembrar que o galego está vivo e segue medrando. Falar galego é un acto de cariño pola nosa terra. 💙


✍️ Unha persoa protagonista cada ano.

Cada ano, o Día das Letras Galegas está dedicado a unha persoa diferente que destacou pola súa obra en galego: poetas, escritores, investigadoras ou persoas que traballaron para conservar a nosa lingua. Grazas a elas, o galego chegou ata nós e seguirá chegando ás futuras xeracións.

❤️ Para rematar.

O galego é unha lingua para falar, cantar, rir, aprender e querer.
Usala cada día é a mellor maneira de coidala.

✨ Feliz Día das Letras Galegas ✨
✨ Viva a nosa lingua, vivamos coma galegos! ✨

📢 Agora tócache a ti nos comentarios:

  • Cal é a palabra en galego que máis che gusta?

  • En que momentos falas galego no teu día a día?


sábado, 24 de enero de 2026

O Día da Educación: aprender para cambiar o mundo!


 O Día da Educación é unha data moi especial. É un día para lembrar que aprender non é só estudar libros, senón tamén coñecer, pensar, compartir, respectar e soñar.

A educación axúdanos a medrar como persoas, a entender o mundo que nos rodea e a construír un futuro mellor para todos e todas.

Vos preguntaredes "que é a educación"? Ben pois...a educación está:

  • Na escola, cos mestres e mestras.

  • Na casa, coas familias.

  • Cos amigos e amigas.

  • Cando lemos, xogamos ou preguntamos “por que?”.

Aprendemos cada día, mesmo sen decatarnos!

A importancia da escola.

Na escola aprendemos matemáticas, lingua, ciencias… pero tamén algo moi importante:

  • A traballar en equipo solucionando conflictos.

  • A respectar as diferenzas entre nós, xa que non somos iguais!

  • A escoitar con atención cando falan.

  • A axudar aos demais cando o precisan e mesmo cando non.

A escola é un lugar onde todos e todas temos dereito a aprender, sexamos como sexamos.

🌍 Sabías que…? En moitos lugares do mundo hai nenos e nenas que non poden ir á escola. Por iso, o Día da Educación tamén serve para lembrar que a educación é un dereito, non un privilexio.

❤️ Para rematar.

Educar é acompañar, escoitar e confiar.
Aprender é abrir portas.
E xuntos, escola e familia, facemos posible que cada neno e nena chegue tan lonxe como queira.

👅 Deixa nos comentarios a túa opinión!

  • Que é o que máis che gusta aprender?

  • Que che gustaría aprender no futuro?

martes, 10 de junio de 2025

lunes, 12 de mayo de 2025

RECOLLEITAS 2025

 Moitas grazas a todo pola vosa colaboración. Sen o voso apoio e a vosa implicación isto non seria posible.

Pinchando nas claves de sol podedes escoitar as cantigas e creacións.

📅Sofía Corbacho Gómez (4ºA Infantil) e familia.

🎼

📅 Yoel Ferreira Figueroa (2ºA). Visita dos nenos de catecismo ás casas dos anciáns.

🎼

🎼

🎼

🎼

📅 Uxía López Barbosa (3ºA)

🎼

📅 Mauro Leirós Alonso (5º Infantil). Canto de reís.

🎼

📅 Mara Freijedo Pino (2ºA) e os seus avós Bernardo e María Victoria.

🎼 

🎼

📅 Mateo Cabañas Carballido (4ºA) 

🎼

📅 Jorge Merino Mouriño (2ºA) co seu pai.

🎼

📅 Eric Gómez Souto (2ºB)

🎼

📅 Enzo Bugarín Domínguez (4ºB Infantil)

🎼

📅 Iker López Novo (1ºB) coa súa nai.

🎼

📅 Mía Lis Alonso (4ºB)

🎼

📅 Marco Faro Iglesias (6ºB) creación propia.

🎼

Noraboa a todos.

 Tede por seguro que algún agasallo ides recibir. 


viernes, 9 de mayo de 2025

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 Como ben se dice, o día das letras galegas; son todos os días. Debemos estar ben orgullosos da nosa lingua.

Durante a próxima semana adicarémoslles diversas actividades co fin de fomentar máis se cadra a nosa admiración.

Aquí deixamos unha estupenda teloneira; que nos explica ao máis puro estilo galego, o por que, desta lingua máxica que temos a fortuna de disfrutar.

Lingua guapa!!!!!



lunes, 10 de marzo de 2025

CONCERTO POLO 8M

 Dende o Equipo de Biblioteca organizaron un gran acto no auditorio do Concello, polo 8 de marzo.

Que mellor forma de reivindicarnos que mediante a música e se é en galego ainda dobre satisfacción.





sábado, 8 de marzo de 2025

8M

 

GALEGAS QUE FIXERON HISTORIA.
ELAS COMEZARON O CAMIÑO, 
NÓS CONTINUÁMOLO!



domingo, 23 de febrero de 2025

A Meca Cantareira

Tedes que estar ben atentos esta semana, a Meca deste ano, tanto vos vota un aturuxo como vos canta unha orde. Viva o ENTROIDO, vivan AS CANTAREIRAS e viva a nosa tradición.

.

sábado, 22 de febrero de 2025

23 FEBREIRO

 GRANDE ROSALÍA.

Aquí vos deixamos “Lieders", que é un artígo escrito por Rosalía de Castro e publicado por primeira vez no  Album de El Miño, en Vigo en 1858. É considerado o primeiro manifiesto feminista publicado en Galicia

Pioneira, na defensa dos dereitos e igualdades para as mulleres; tantos anos despois, temos un día para Rosalía pero seguimos ca loita que ela xa tiña nos seus tempos.


LIEDERS

¡OH, no quiero ceñirme a las reglas del arte! Mis pensamientos son vagabundos, mi ima-

ginación errante, y mi alma sólo se satiface de impresiones.

Jamás ha dominado en mi alma la esperanza de la gloria, ni he soñado nunca con lau-

reles que oprimiesen mi frente. Sólo cantos de independencia y libertad han balbucido mis

labios, aunque alrededor hubiese sentido, desde la cuna ya, el ruido de las cadenas que de-

bían aprisionarme para siempre, porque el patrimonio de la mujer son los grillos de la es-

clavitud.

Yo, sin embargo, soy libre, libre como los pájaros, como las brisas; como los árabes en

el desierto y el pirata en el mar.

Libre es mi corazón, libre mi alma, y libre mi pensamiento, que se alza hasta el cielo y

desciende hasta la tierra soberbio como Luzbel y dulce como una esperanza.

Cuando los señores de la tierra me amenazan con una mirada, o quieren marcar mi fren-

te con un mancha de oprobio, yo me río como ellos se ríen y hago, en apariencia, mi ini-

quidad más grande que su iniquidad. En el fondo, no obstante, mi corazón es bueno; pero

no acato los mandatos de mis iguales y creo que su hechura es igual a mi hechura, y que

su carne es igual a mi carne.

*****************

Yo soy libre. Nada puede contener la marcha de mis pensamientos, y ellos son la ley

que rige mi destino.

¡Oh mujer! ¿Por qué siendo tan pura vienen a proyectarse sobre los blancos rayos que

despide tu frente las impías sombras de los vicios de la Tierra? ¿Por qué los hombres derra-

man sobre ti la inmundicia de sus excesos, despreciando y aborreciendo después en tu mo-

ribundo cansancio lo horrible de sus mismos desórdenes y de sus calenturientos delirios?

Todo lo que viene a formarse de sombrío y macilento en tu mirada después del primer

destello de tu juventud inocente, todo lo que viene a manchar de cieno los blancos ropa-

jes con que te vistieron las primeras alboradas de tu infancia, y a extinguir tus olorosas esen-

cias y borrar las imágenes de la virtud en tu pensamiento, todo te lo transmiten ellos, to-

do..., y sin embargo, te desprecian.


Recuncho da Biblioteca; Lunares mola!




viernes, 21 de febrero de 2025

O ENTORIDO MOVE O CORPO!!!

 Xa estamos a quentar motores. O meco fará hoxe venres acto de presenza antes de marchar para a casa. 

Non vos esquezades! O luns comezamos!!!



jueves, 20 de febrero de 2025

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 O 23 de febreiro celébrase o día de Rosalía De Castro. Gran impulsora do idioma galego e unha das nosas pioneiras. 

.

Rosalía estaría moi leda ao ver como o noso alumnado se interesa pola situación da lingua galega. 

Agradecer ao alumnado de 5º de Educación Primaria e á profe Estela por este podcast. Pois o Equipo de Normalización Lingüística non pode festexar e reclamar mellor este día, que dándolles a palabra á nosa rapazada e demostrando que o futuro e a lingua está nas súas mans, ou mellor dito… nas súas linguas.