O Día da Educación é unha data moi especial. É un día para lembrar que aprender non é só estudar libros, senón tamén coñecer, pensar, compartir, respectar e soñar.
A educación axúdanos a medrar como persoas, a entender o mundo que nos rodea e a construír un futuro mellor para todos e todas.
Vos preguntaredes "que é a educación"? Ben pois...a educación está:
Na escola, cos mestres e mestras.
-
Na casa, coas familias.
-
Cos amigos e amigas.
-
Cando lemos, xogamos ou preguntamos “por que?”.
Aprendemos cada día, mesmo sen decatarnos!
A importancia da escola.
Na escola aprendemos matemáticas, lingua, ciencias… pero tamén algo moi importante:
-
A traballar en equipo solucionando conflictos.
-
A respectar as diferenzas entre nós, xa que non somos iguais!
-
A escoitar con atención cando falan.
-
A axudar aos demais cando o precisan e mesmo cando non.
A escola é un lugar onde todos e todas temos dereito a aprender, sexamos como sexamos.
🌍 Sabías que…? En moitos lugares do mundo hai nenos e nenas que non poden ir á escola. Por iso, o Día da Educación tamén serve para lembrar que a educación é un dereito, non un privilexio.
❤️ Para rematar.
👅 Deixa nos comentarios a túa opinión!
-
Que é o que máis che gusta aprender?
-
Que che gustaría aprender no futuro?
No hay comentarios:
Publicar un comentario