domingo, 8 de marzo de 2026

💜 8 de marzo: Día da Muller

 O 8 de marzo celebramos o Día da Muller, unha data para lembrar a importancia das mulleres na sociedade e para seguir traballando pola igualdade entre todas as persoas. 

Este día fálanos de respecto, xustiza e dos dereitos de mulleres e nenas en todo o mundo.

Durante moito tempo, as mulleres non tiveron as mesmas oportunidades ca os homes xa que non podían estudar, non podían votar e incluso o seu traballo non era recoñecido. Sen embargo, grazas ao esforzo de moitas mulleres valentes, hoxe temos máis dereitos aínda que queda camiño por percorrer.


🌟 Sabías que…?

En moitos países do mundo, as nenas non teñen as mesmas oportunidades ca os nenos para ir á escola.

O 8 de marzo tamén serve para lembrar que as mulleres poden ser científicas, deportistas, escritoras, artistas, mestras… o que queiran ser.


📢 Déixanos saber a túa opinión nos comentarios:
  • Que significa para ti a palabra igualdade?
    Que podemos facer cada día para respectarnos mellor?

lunes, 23 de febrero de 2026

O Día de Rosalía de Castro: unha voz que segue viva.

Cada 24 de febreiro celebramos en Galicia o Día de Rosalía de Castro, unha muller moi importante para a nosa historia e para a nosa lingua. 

Rosalía foi poeta, escritora e unha gran defensora do galego nun tempo no que non era doado usalo nin valoralo. Grazas a ela, hoxe podemos ler, escribir e falar galego con orgullo.

Naceu en Galicia e escribiu poemas e libros que falaban da súa terra, da saudade e sentimentos, das inxustizas neses tempos (que non eran poucas) e da vida das persoas humildes.

A súa obra máis coñecida é Cantares Gallegos, un libro moi importante para a literatura galega que coincide co Día das Letras Galegas. A que agora xa non se che olvida?

Rosalía escribiu en galego cando moita xente pensaba que esa lingua non servía para a literatura, e é máis, foi capaz de abrir un camiño que aínda seguimos hoxe.

Sabías que…?

📌 O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía porque é a data do seu nacemento.


📢 Queremos saber a túa opinión nos comentarios:
  • Que cres que sentía Rosalía cando escribía os seus poemas?

  • Por que pensas que é importante lembrar hoxe a Rosalía de Castro?


martes, 17 de febrero de 2026

O Día das Letras Galegas: a nosa lingua, a nosa identidade.

 Cada 17 de maio celebramos en Galicia unha data moi especial: o Día das Letras Galegas. É un día para festexar a nosa lingua, o galego, e lembrar ás persoas que escribiron e loitaron para que hoxe poidamos falalo con orgullo.

O galego é parte de nós: está nas nosas palabras, nas cancións, nas historias que nos contan na casa e na maneira de ver o mundo.

Por que celebramos as Letras Galegas?

Este día celébrase para coidar e valorar a lingua galega, coñecer escritores e escritoras galegas e lembrar que o galego está vivo e segue medrando. Falar galego é un acto de cariño pola nosa terra. 💙


✍️ Unha persoa protagonista cada ano.

Cada ano, o Día das Letras Galegas está dedicado a unha persoa diferente que destacou pola súa obra en galego: poetas, escritores, investigadoras ou persoas que traballaron para conservar a nosa lingua. Grazas a elas, o galego chegou ata nós e seguirá chegando ás futuras xeracións.

❤️ Para rematar.

O galego é unha lingua para falar, cantar, rir, aprender e querer.
Usala cada día é a mellor maneira de coidala.

✨ Feliz Día das Letras Galegas ✨
✨ Viva a nosa lingua, vivamos coma galegos! ✨

📢 Agora tócache a ti nos comentarios:

  • Cal é a palabra en galego que máis che gusta?

  • En que momentos falas galego no teu día a día?


sábado, 24 de enero de 2026

O Día da Educación: aprender para cambiar o mundo!

 O Día da Educación é unha data moi especial. É un día para lembrar que aprender non é só estudar libros, senón tamén coñecer, pensar, compartir, respectar e soñar.

A educación axúdanos a medrar como persoas, a entender o mundo que nos rodea e a construír un futuro mellor para todos e todas.

Vos preguntaredes "que é a educación"? Ben pois...a educación está:

  • Na escola, cos mestres e mestras.

  • Na casa, coas familias.

  • Cos amigos e amigas.

  • Cando lemos, xogamos ou preguntamos “por que?”.

Aprendemos cada día, mesmo sen decatarnos!

A importancia da escola.

Na escola aprendemos matemáticas, lingua, ciencias… pero tamén algo moi importante:

  • A traballar en equipo solucionando conflictos.

  • A respectar as diferenzas entre nós, xa que non somos iguais!

  • A escoitar con atención cando falan.

  • A axudar aos demais cando o precisan e mesmo cando non.

A escola é un lugar onde todos e todas temos dereito a aprender, sexamos como sexamos.

🌍 Sabías que…? En moitos lugares do mundo hai nenos e nenas que non poden ir á escola. Por iso, o Día da Educación tamén serve para lembrar que a educación é un dereito, non un privilexio.

❤️ Para rematar.

Educar é acompañar, escoitar e confiar.
Aprender é abrir portas.
E xuntos, escola e familia, facemos posible que cada neno e nena chegue tan lonxe como queira.

👅 Deixa nos comentarios a túa opinión!

  • Que é o que máis che gusta aprender?

  • Que che gustaría aprender no futuro?

martes, 10 de junio de 2025

LUNARES FEST

 O verán xa está próximo e con el a fin do curso e o festival máis molón. 

Xa estamos a quentar motores….