viernes, 21 de febrero de 2020

A FESTA DO ENTROIDO

Os disfraces deste ano están relacionados co proxecto "eu xogo, ti xogas, xogamos xuntos". Cada clase foi disfrazada dun xogo...Foi un entroido moi divertido!


viernes, 14 de febrero de 2020

BENVIDO ENTROIDO!

Chega o entroido e o MECO comeza coas ordes...
Este ano o MECO está moi xoguetón....
EU XOGO, TI XOGAS, XOGAMOS XUNTOS!




Os nenos e nenas de 2º escribimos a carta ás nosas familias contando o que precisamos para o gran día...


RECOLLEITAS

Nos últimos anos facemos no cole un concurso de "recolleitas". Na edición deste ano as familias teñen que contar a que xogaban eles cando eran pequenos...
"Eu xogo, ti xogas, xogamos xuntos..."





Estamos facendo unha exposición nos andares...

martes, 4 de febrero de 2020

TEATRO EN GALEGO

Sabela Gago, unha gran transmisora e excelente contacontos fíxonos desfrutar coma sempre cunha obra sobre a igualdade.



jueves, 30 de enero de 2020

DÍA DA PAZ


Chegou o día da paz e fixemos unha xornada de xogos no pavillón. Un gran trivial por equipos formado por todo o alumnado...


viernes, 20 de diciembre de 2019

CHEGA O NADAL...

Todo o cole está decorando as aulas, os andares , as portas porque xa chega o nadal..
O alumnado de 2º, coa colaboración das familias, fixo unha árbore xigante con fotos de familia. E acompañando as fotos, elaboramos mensaxes positivos cara o ano que vén...

BO NADAL! FELIZ 2020!!!!